viernes, 4 de julio de 2025

Graduación


Moitísimas grazas por estes tres aniños onde cada día foi especial. Xodes 14 nenos e nenas moi especiais, cada un co seu "superpoder". Encantoume poder ser a vosa profe e levareivos sempre no meu corazón 💖
A seguir gozando da aventura!!!!

Xuño

Ains... o mes de xuño foi un mes moi intenso... eran os nosos últimos días xuntos e os desfrutamos a tope entre moitos mimos e abrazos. No video podedes ver como preparamos as invitacións para a graduación, algúns momentos que pasamos xuntos cos nosos compis de 1º, que están preparados para recibirnos cos brazos abertos na nova etapa de primaria; e algunhas fotiños do último día na excursión ao monte de Beade.
Xa estamos preparados para o verán! 🌞

Aniversario Izan e André

 Antes de que rematara o cole aproveitamos para celebrar o aniversario de André e Izan, xa que os dous cumplen 6 aniños no verán. As súas mamás preparáronnos unha busca do tesoro polo patio superemocinante e por un ratiño convertémonos en piratas!! 

Moitísimas grazas Yanira e Susana, pasámolo superben!! E parabéns (por adiantado) André e Izan!!🎂🎂🎂🎂🎂🎂

domingo, 15 de junio de 2025

Xornada de convivencia con primeiro ciclo de primaria

O pasado martes día 3 de xuño, coincidindo coa semana do medio ambiente e co final de curso, xuntámonos cos compis de 1º ciclo para pasar un día xuntos e axudarnos a que o paso a primaria sexa máis doado. 
Moitas gracias amiguiños e profes! Con tanto agarino o paso a primaria será coser e cantar!

Granxa Kiriko

 Este día foi moi especial para nós. Esta etapa tan bonita está a rematar e queriámola despedir pasando un día xuntos. Ir en autobús tan lonxe, comer todos xuntos... as primeiras veces sempre son especiais ;)


Encántame ser a vosa profe e vouvos levar sempre no meu corazón 💝


Abril e maio.

E por aquí tedes as cousiñas que fixemos os últimos días de abril e o mes de maio. Probamos os petiscos de "Galicia sabe amar", fixemos os marcapáxinas polo día do libro cos nosos padriños e madriñas, chegou a clase o noso formigueiro, tivemos a actuación das letras galegas... e tamén tedes algunhas fotiños da saída a sala de teatro Ártika. 😊

Aniversario Álex

No mes de maio celebramos o cumple de Álex. Coa axuda da súa mamá, Iria, fixemos slime e foi super pringoso e divertido!! Moitísimas felicidades Álex!! A desfrutar dos seis aniños!!💙💙💙💙💙💙

Graduación

Moitísimas grazas por estes tres aniños onde cada día foi especial. Xodes 14 nenos e nenas moi especiais, cada un co seu "superpoder...