domingo, 16 de abril de 2023

Propostas 2º trimestre

Deixámosvos un vídeo con algunhas das propostas que realizamos durante o segundo trimestre. É un pouco longo 🙈 pero esperamos que vos guste.😊


lunes, 10 de abril de 2023

Madriñas e padriños

    Gústanos moito estar cos padriños e madriñas. Poñémonos moi contentos e contentas cando os atopamos polos corredores ou cando véñennos visitar ao recreo. O día que facemos actividades conxuntas sempre é un día especial. 

    Deixámosvos dous vídeos para que poidades velo; un do día de Rosalía onde decoramos xuntos uns pensamentos, e outro do día da Poesía onde os padriños e madriñas recitáronnos unha poesía personalizada fermosísima e nós regalámoslles un marcapáxinas e unha poesía de Anxo Iglesias. Máis abaixo tamén os deixamos as entradas ao blogue do segundo ciclo onde podedes ver máis fotos.

Grazas padriños e madriñas por coidarnos tanto!!



Aniversario Jairo e Xoel



O pasado 2 de marzo festexamos o cumple de Xoel e Jairo. 🎂🎂🎂As súas mamás viñeron pasar a mañá connosco e ensináronnos a preparar unhas ricas tortitas. As favoritas de Jairo para almorzar!
Moitas grazas Encarna e Olalla 😊 e parabéns Xoel e Jairo!!!

Aniversario Xoel.

Festexamos o último aniversario do trimestre, o cumple de Xoel!! Fixemos unhas rosquillas riquísimas e despois gozamos ducha rica merenda. G...