domingo, 31 de enero de 2021

Día da Non Volencia e da Paz.

 O día 30 de xanerio celébrase o Día Escolar da Non violencia e da Paz, e no cole festexámolo o venres. Lemos o conto "El hombrecillo de papel", e baseándonos nesta preciosa historia fixemos un homiño de papel por equipos que despois pegamos nun mural co resto de homiños que fixo todo o cole.





Deixámosvos tamén o enlace ao conto "Hasta que podamos abrazarnos" contado polas profes do Equipo de Biblio. Nestes tempos de pandemia, Erizo e Tortuga non poden abrazarse, pero saben que se queren e axúdannos a idear que hai moitas formas de demostralo. Esperamos que vos guste! 💖






jueves, 28 de enero de 2021

DINÁMICA "A MALETA".

Comezamos novo trimestre e chegaron tamén novidades pola clase. O Apalpador deixounos uns agasallos que xa estamos a utilizar moto. Ademais tamén fixemos cambio de equipos, e aínda que todos acollémolo sen problema aínda estamos a adaptarnos.




Este curso tamén queremos poñer en marcha a nosa "Maleta". Este ano será un pouco diferente a outros anos xa que non podemos traer cousas ao cole... pero a súa esencia continúa sendo a mesma: coñecernos un pouquiño máis e facer crecer, se cabe, o noso sentimento de equipo.

Tedes todo o mes de febreiro para participar, animádevos!

No seguinte enlace tedes toda a información. Grazas de antemán pola vosa colaboración.


domingo, 24 de enero de 2021

Apalpador

 Quedábannos por ensinarvos as fotos do último día do primeiro trimestre que recibimos a visita do Apalpador, fíxonos moita ilusión! E tamén aproveitamos para xogar un "Bingo Navideño" e ver o festival de Nadal de maneira virtual.









sábado, 9 de enero de 2021

Asemblea cooperativa

No primeiro trimestre estivemos facendo as "Asembleas" da primeira hora da mañá dun xeito cooperativo. Ao longo do curso fomos incorporando nestas asembleas estruturas de traballo cooperativas básicas: folio xiratorio, lápis ao centro e lectura compartida.

Na clase temos 4 equipos, cada equipo fai unha tarefa e imos rotando cada día. As tarefas son as seguintes:

1. Pasar lista e debuxo do esquema corporal. Identificamos o nome de cada compañeiro/a coa súa foto, colocamos as fotos segundo estean na casa ou no cole e contamos cantos nenos e nenas estamos na clase e sumamos. Despois realizamos un debuxo do esquema corporal dunha persoa cun "folio xiratorio", os membros do equipo deberán:

-Poñerse dacordo sobre que persoa queren debuxar.

-Coller cada un unha cor e establecer as quendas para debuxar.

-Ir compoñendo o debuxo entre todos sabendo respectar a quenda e tamén o traballo dos compañeiros/as.

2. Facer un rexistro dos nenos que van para casa, comedor, autobús e os que non viñeron ao cole. Recortamos e pegamos as fotos na lista correspondente. Eles mesmos pregúntanse os uns aos outros a onde van ese día. No mes de decembro a profe despistouse "casualmente" de ter fotos impresas así que ocurriusenos comezar a escribir os nomes.

3. Calendario mensual. Buscar o número do día correspondente no calendario, compoñer coas regletas ese número e por último facer un debuxo entre todos os membros do equipo na pizarra blanca sobre o tempo atmosférico que fai ese día.

4. Día da semana e merenda. Nunha ficha buscar que día da semana é, recortar a palabra, pegala e escribila; buscar que almorzo toca ese día e colorealo. Cantar a canción dos días da semana e signala.

Despois de realizar estas tarefas cada equipo ten que expoñer o seu traballo diante dos seus compis. Deste xeito estamos traballando vencer a timidez, mellorar a expresión e a atención, respectar o traballo de outros/as.

Nos seguintes enlaces podedes atopar algúns dos traballos realizados por cada equipo.

        

Traballos Equipo Amarelo Compoñentes: Asier, Naira e Shanti.


Traballos Equipo Azul Compoñentes: Salma, Nuno, Sergio e Valeria.


Traballos Equipo Verde Compoñentes: Bertila, Lucía, Xabier e Luca.


Traballos Equipo Vermello Compoñentes: Miguel, Naia, Iria e Mía.


domingo, 3 de enero de 2021

Propostas de Nadal.

Ola familias! O primeiro de todo feliz ano novo a todos e todas! 

Aquí tedes algunhas das propostas que fomos facendo ao longo do mes de decembro, un mes moi especial para os pequenos e pequenas. A estas alturas do curso o grupo xa empeza a funcionar coma un equipo e axúdanse uns a outros. Xa sabedes que a nosa metodoloxía basease sobre todo en propostas manipulativas o que fai que moitas veces non quede un rexistro físico do que fixeron, por iso para dar visibilidade aos procesos de aprendizaxe deixámosvos por aquí algunhas fotiños. Esperamos que vos gusten!🎄

Propostas de Nadal

Aniversario Xoel.

Festexamos o último aniversario do trimestre, o cumple de Xoel!! Fixemos unhas rosquillas riquísimas e despois gozamos ducha rica merenda. G...