lunes, 24 de octubre de 2022

Aniversario de Claudia

 Ola familias!

O pasado xoves 20 de outubro festexamos o cumple de Claudia que xa ten 3 anos!!

Fixemos un obradoiro de madalenas de cabaza coa axuda da profe Bibi e de María, a mamá de Claudia.

Despois Claudia contounos un pouquiño a historia da súa vida e compartimos un biscoito que estaba boísimo. Deixámosvos o seguinte vídeo para que poidades ver que mañá máis divertida pasamos.



Moitas felicidades Claudia!

domingo, 16 de octubre de 2022

Romería da horta!

    Ola familias! 
    Esquecíamonos de contarvos unha cousa moi importante que pasou o venres!
Resulta que cando chegamos ao cole o venres pola mañá, atopámonos cunha sorpresa. 


    Ao principio non tiñamos nin idea de quen no lo deixara ata que lemos a carta e soupemos que era a ANPA do cole!!

    Queren axudarnos a arranxar a horta! E estamos moi agradecidos xa que hai moito traballo que facer. 

    Como podedes ler na carta o sábado 5 de novembro farase unha "Romería da horta" para poder deixala ben chula e despois celébralo tod@s xuntos pero claro, antes temos que pensar ben que necesitamos facer na horta e como pode axudar cada un de nós. 

    Na clase xa estivemos a falar sobre que é unha Romería e tamén que gustaríanos utilizar este curso a horta e poder plantar as fabas pintas que nos deixaron. Fixemos unha lista cos materias que pensamos que imos precisar para o día da romería.

    Bueno familias, pois agora é o voso turno. 
    Durante esta semana falade cos vosos fillos e fillas de como lles gustaría que fose a horta do cole, se podedes axudar o sábado 5 de novembro e como. Facédellelo chegar á profe escrito nun papel o xoves como moi tarde, xa que este venres temos que reunirnos coa ANPA para trasmitirlle a información.

    Noraboa ANPA Santa Mariña por esta iniciativa!








 


viernes, 14 de octubre de 2022

Vendima

Ola familias!

Como xa sabedes o martes fixemos a vendima no cole e foi unha experiencia inolvidable. 
Cos nosos compis de infantil e os nenos e nenas de primeiro de primaria cortamos os acios, debullámolos e separamos as uvas tintas das blancas. 
Despois de merendar e coller forzas, os nosos "padriños e madriñas" de 3º viñeron a axudarnos a pisar as uvas e sacar o rico mosto.
Xa o xoves na clase tivemos o duro traballo de colar o bagazo e quedarnos co zume da uva.
Deixámosvos o seguinte video para que poidades velo.




Saúdos!

jueves, 6 de octubre de 2022

A que sabe a lúa?

Ola familias!
A semana pasada lemos o conto "A que sabe a lúa" e gustounos moito. Os animais do conto traballaban en equipo para coñecer a que sabía a lúa. E a cada un sabíalle precisamente ao que máis lle gustaba. Así que ocorreusenos facer o mesmo, a que nos sabería a nos a lúa?

Despois animámonos a facer unhas tortiñas en forma de lúa con só tres ingredientes que foron un éxito total. 
Ingredientes: plátano, ovos e fariña de trigo sarraceno.

Deixamosvos as fotiños para que vexades que ben cociñamos.



lunes, 3 de octubre de 2022

Pequeno azul e pequeno amarelo.

Bo día familias!
Aquí vos deixamos unhas fotiños da nosa segunda semana de cole. Lemos o conto "Pequeno azul e pequeno amarelo" e a partir de aí ocorréusenos un montón de actividades para xogar con estes dous pequenos.
Tamén coñecimos a profe de Relixión, María, que presentounos ao seu perro Pancho; e a profe Elena, que será a nosa profe de música. Clicade no enlace para velo!

Aniversario Xoel.

Festexamos o último aniversario do trimestre, o cumple de Xoel!! Fixemos unhas rosquillas riquísimas e despois gozamos ducha rica merenda. G...