jueves, 6 de octubre de 2022

A que sabe a lúa?

Ola familias!
A semana pasada lemos o conto "A que sabe a lúa" e gustounos moito. Os animais do conto traballaban en equipo para coñecer a que sabía a lúa. E a cada un sabíalle precisamente ao que máis lle gustaba. Así que ocorreusenos facer o mesmo, a que nos sabería a nos a lúa?

Despois animámonos a facer unhas tortiñas en forma de lúa con só tres ingredientes que foron un éxito total. 
Ingredientes: plátano, ovos e fariña de trigo sarraceno.

Deixamosvos as fotiños para que vexades que ben cociñamos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Xornada de convivencia con primeiro ciclo de primaria

O pasado martes día 3 de xuño, coincidindo coa semana do medio ambiente e co final de curso, xuntámonos cos compis de 1º ciclo para pasar un...