viernes, 13 de enero de 2023

Saída a Gondomar.

Ir de "excursión" é unha das cousas que máis nos gusta, só coller o autobús xa nos entusiasma. Deixámosvos unhas fotiños para que vexades que a pesar da choiva puidemos desfrutar moitísimo. Primeiro vimos o Belén en movemento nas intalacións da policía local e mentres esperabamos a que abrira tivemos a sorte de coñecer ao policía Simón que explicounos con moito agarimo varias cousas do seu traballo. Despois camiñamos ata correos e botamos no buzón as postais de Nadal, ademais deixáronnos entrar para ver como caian as cartas. E xa por último, gozamos dun merecido chocolate quentiño e rosquillas en cristaleiro.

Aniversarios Greta, Lois e Aine.

No mes de decembro Aine, Lois e Greta cumpriron 3 aniños e o festexamos no cole coa axuda das súas familias. Fixemos uns adornos con masa de sal que como xa puidestes ver quedaron chulísimos. 

Pasamos unha mañá xenial! Grazas familias pola vosa colaboración.   

miércoles, 11 de enero de 2023

Propostas de Nadal

No mes de decembro fixemos moitas cousas no cole: ensaiamos a panxoliña, fixemos adornos, o calendario, experimentos... pero sobre todo gozamos moito desta época do ano tan especial.



lunes, 9 de enero de 2023

Propostas outubro e novembro.

Bo día! Deixámosvos un vídeo para que poidades ver algunhas das propostas que levamos ao cabo nos meses de outubro e novembro. Saúdos!

Aniversario Xoel.

Festexamos o último aniversario do trimestre, o cumple de Xoel!! Fixemos unhas rosquillas riquísimas e despois gozamos ducha rica merenda. G...