jueves, 26 de noviembre de 2020

Aniversario Miguel

 E aquí tedes a Miguel que xa cumpriu 5 añazos!! Noraboa Miguel, que manteñas sempre o teu sorriso e dozura.













🎂🎂🎂 Felices 5 anos Miguel!!🎉🎉🎉🎈🎈🎈

Aniversario Valeria

 E atención!!! O primeiro cumple que festexamos este ano na aula (aínda que primeiro cumple Naia) foi o de Valeria. Moitas felicidades bonita, que sigas contaxiándonos coa túa alegría e saber facer.







🎈🎈🎉🎉 Felices 4 anos Valeria! 🎂🎂🎂


Samaín

 Ola familias!

Deixámosvos unhas pouqiñas fotos do que nos deu tempo a facer de Samaín xusto antes de que nos confinasen. 👻





















jueves, 12 de noviembre de 2020

Magosto e algunha das propostas de outono.

 Ola outra vez ;) 

Aquí deixámosvos un vídeo coas fotos do día que celebramos o magosto. Encantounos celebralo no monte Galiñeiro, a "pandilla Castaña" (así se puxeron de nome) xogou libremente a moitísimas cousas sen levar nin un só xoguete... saltamos desde unha roca, xogamos ao agocho inglés, investigamos unha cousa moi rara que despois descubrimos que era un fungo chamado "peido de lobo", buscamos paus, bichos... 

Tamén vos deixamos fotos dalgunhas propostas sobre o outono que levamos a cabo no mes de outubro, esperamos que vos gusten tanto como aos peques.

Bicos!






Collage de Salma

 Bos días a todos e todas!

Mirade que collage más chulo fixo Salma baseándose no amarelo do outono.


Moitas grazas por participar na proposta, quedouvos precioso!

viernes, 6 de noviembre de 2020

AS CORES DO OUTONO

 

Bos días rapaces e rapazas!

Na proposta de hoxe tedes que elixir unha das cores do outono (vermello, amarelo, laranxa ou marrón) e buscar elementos que teñades na casa que sexan desa cor: alimentos, roupa, obxectos de decoración, materiais naturais… Unha vez seleccionados organizámolos creando unha composición como máis vos guste.

Se queredes podedes sacarlle unha foto a vosa creación e compartila no seguinte enderezo:

👉conbotasdeauga@gmail.com



Animádevos!
Unha aperta! 😀

jueves, 5 de noviembre de 2020

ASEMBLEA DE AULA

 Bos días rapaces e rapazas!

Como estades? Seguro que desexando volver ao cole para reencontrarnos e seguir aprendendo todos xuntos. Mentres tanto, aquí vos quedan algunhas propostas para que poidades seguir traballando estes días.

Para comezar podemos movernos ao son da música e gozar coa seguinte cantiga:

Bos días! "Fíos do querer" Cé orquestra pantasma

Despois observamos o calendario, repasamos o número do día de hoxe cun rotulador e fixámonos en que mes e en que estación do ano nos atopamos.

 


Finalmente lembraremos os sete días da semana con esta cantiga de Paco Papán que poderedes escoitar premendo na seguinte ligazón:

"Paco Papán"  

Un saúdo! 😉

lunes, 2 de noviembre de 2020

PRIMEIROS DÍAS

Despois de tanto tempo separados todos e todas estabamos a desexar volver ao cole... Deixámosvos este vídeo con algunhas fotos das propostas dos primeiros días e de distintos momentos da mañá. Esperamos que vos guste :)



 

Aniversario Xoel.

Festexamos o último aniversario do trimestre, o cumple de Xoel!! Fixemos unhas rosquillas riquísimas e despois gozamos ducha rica merenda. G...