viernes, 14 de octubre de 2022

Vendima

Ola familias!

Como xa sabedes o martes fixemos a vendima no cole e foi unha experiencia inolvidable. 
Cos nosos compis de infantil e os nenos e nenas de primeiro de primaria cortamos os acios, debullámolos e separamos as uvas tintas das blancas. 
Despois de merendar e coller forzas, os nosos "padriños e madriñas" de 3º viñeron a axudarnos a pisar as uvas e sacar o rico mosto.
Xa o xoves na clase tivemos o duro traballo de colar o bagazo e quedarnos co zume da uva.
Deixámosvos o seguinte video para que poidades velo.




Saúdos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Xornada de convivencia con primeiro ciclo de primaria

O pasado martes día 3 de xuño, coincidindo coa semana do medio ambiente e co final de curso, xuntámonos cos compis de 1º ciclo para pasar un...