Esquecíamonos de contarvos unha cousa moi importante que pasou o venres!
Resulta que cando chegamos ao cole o venres pola mañá, atopámonos cunha sorpresa.
Ao principio non tiñamos nin idea de quen no lo deixara ata que lemos a carta e soupemos que era a ANPA do cole!!
Queren axudarnos a arranxar a horta! E estamos moi agradecidos xa que hai moito traballo que facer.
Como podedes ler na carta o sábado 5 de novembro farase unha "Romería da horta" para poder deixala ben chula e despois celébralo tod@s xuntos pero claro, antes temos que pensar ben que necesitamos facer na horta e como pode axudar cada un de nós.
Na clase xa estivemos a falar sobre que é unha Romería e tamén que gustaríanos utilizar este curso a horta e poder plantar as fabas pintas que nos deixaron. Fixemos unha lista cos materias que pensamos que imos precisar para o día da romería.
Bueno familias, pois agora é o voso turno.
Durante esta semana falade cos vosos fillos e fillas de como lles gustaría que fose a horta do cole, se podedes axudar o sábado 5 de novembro e como. Facédellelo chegar á profe escrito nun papel o xoves como moi tarde, xa que este venres temos que reunirnos coa ANPA para trasmitirlle a información.
Noraboa ANPA Santa Mariña por esta iniciativa!
Que boa idea!
ResponderEliminar