No primeiro trimestre estivemos facendo as "Asembleas" da primeira hora da mañá dun xeito cooperativo. Ao longo do curso fomos incorporando nestas asembleas estruturas de traballo cooperativas básicas: folio xiratorio, lápis ao centro e lectura compartida.
Na clase temos 4 equipos, cada equipo fai unha tarefa e imos rotando cada día. As tarefas son as seguintes:
1. Pasar lista e debuxo do esquema corporal. Identificamos o nome de cada compañeiro/a coa súa foto, colocamos as fotos segundo estean na casa ou no cole e contamos cantos nenos e nenas estamos na clase e sumamos. Despois realizamos un debuxo do esquema corporal dunha persoa cun "folio xiratorio", os membros do equipo deberán:
-Poñerse dacordo sobre que persoa queren debuxar.
-Coller cada un unha cor e establecer as quendas para debuxar.
-Ir compoñendo o debuxo entre todos sabendo respectar a quenda e tamén o traballo dos compañeiros/as.
2. Facer un rexistro dos nenos que van para casa, comedor, autobús e os que non viñeron ao cole. Recortamos e pegamos as fotos na lista correspondente. Eles mesmos pregúntanse os uns aos outros a onde van ese día. No mes de decembro a profe despistouse "casualmente" de ter fotos impresas así que ocurriusenos comezar a escribir os nomes.
3. Calendario mensual. Buscar o número do día correspondente no calendario, compoñer coas regletas ese número e por último facer un debuxo entre todos os membros do equipo na pizarra blanca sobre o tempo atmosférico que fai ese día.
4. Día da semana e merenda. Nunha ficha buscar que día da semana é, recortar a palabra, pegala e escribila; buscar que almorzo toca ese día e colorealo. Cantar a canción dos días da semana e signala.
Despois de realizar estas tarefas cada equipo ten que expoñer o seu traballo diante dos seus compis. Deste xeito estamos traballando vencer a timidez, mellorar a expresión e a atención, respectar o traballo de outros/as.
Nos seguintes enlaces podedes atopar algúns dos traballos realizados por cada equipo.
Traballos Equipo Amarelo Compoñentes: Asier, Naira e Shanti.
Traballos Equipo Azul Compoñentes: Salma, Nuno, Sergio e Valeria.
Traballos Equipo Verde Compoñentes: Bertila, Lucía, Xabier e Luca.
Traballos Equipo Vermello Compoñentes: Miguel, Naia, Iria e Mía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario