lunes, 10 de abril de 2023

Madriñas e padriños

    Gústanos moito estar cos padriños e madriñas. Poñémonos moi contentos e contentas cando os atopamos polos corredores ou cando véñennos visitar ao recreo. O día que facemos actividades conxuntas sempre é un día especial. 

    Deixámosvos dous vídeos para que poidades velo; un do día de Rosalía onde decoramos xuntos uns pensamentos, e outro do día da Poesía onde os padriños e madriñas recitáronnos unha poesía personalizada fermosísima e nós regalámoslles un marcapáxinas e unha poesía de Anxo Iglesias. Máis abaixo tamén os deixamos as entradas ao blogue do segundo ciclo onde podedes ver máis fotos.

Grazas padriños e madriñas por coidarnos tanto!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Aniversario Claudia

Este xoves celebramos o aniversario de Claudia aínda que foi en outubro cando rematou a súa 5ª volta ao sol. Compartiu connosco algúns recor...