domingo, 29 de octubre de 2023

Aniversario Claudia

Festexanos o aniversario de Claudia coa compañía da súa mamá que nos axudou a facer unhas arañas terroríficas!!🕷️🕷️🕷️ 
Ademais cociñamos por equipos unhas chulas que nos saíron riquísimas. Parabéns Claudia!🎂


Aniversario Julia e Naír.

Por fin inauguramos o blogue este curso e comezamos cos aniversarios de setembro, o de Julia e o de Naír. Pasamos unha mañá moi divertida facendo brochetas de uvas e queixo, e unhas divertidas xoaniñas coa casca dunha noz. 
Grazas mamis pola vosa colaboración!

martes, 27 de junio de 2023

Aniversarios Izan e André

 Estos son os dos nosos amiguiños que están de cumple no verán, Izan e André. Así que aproveitamos para celebralos antes de marchar de vacacións. Grazas mamis por vir ao cole, encantounos o conto "Rana de tres ojos" e a manualidade que preparastes con tanto agarimo. 

Parabéns Izan e André!🎂


Plantamos fabas

 No mes de maio fomos varias veces á horta.  Axudamos a quitar as herbas e remover a terra do invernadoiro e preparamos un dos bancais para plantar as fabas pintas que nos deu a ANPA. Agora só falta recoller a nosa colleita. 😋


jueves, 25 de mayo de 2023

Aniversario de Álex

Este mes cumpriu 4 aniños Álex! Os seus pais viñeron celebralo connosco ao cole e contáronnos un conto que nos encanta á vez que danos un pouquiño de medo. "Cocorico"
Despois fixemos un rico biscoito entre tod@s e ao día seguinte o merendamos. Moitas grazas pola vosa axuda papis e parabéns Álex!




Aniversario de Nara

O pasado 15 de abril Nara cumpriu 4 aniños! E festexámolo coa compañía da súa mamá facendo uns colares de margaridas ben chulos. Grazas Esther e Parabéns Nara!!



Graduación

Moitísimas grazas por estes tres aniños onde cada día foi especial. Xodes 14 nenos e nenas moi especiais, cada un co seu "superpoder...