domingo, 25 de febrero de 2024

Búscase nome para a aula creativa

 Esta semana foi moi completa!! Tivemos eleccións incluidas! No cole buscabamos nome para a aula creativa. Os compis de primaria foron metendo nun buzón as diferentes propostas e despois todo o alumnado tivemos que votar entre os nomes finalistas que foron os seguintes:

    -Serralandia.

    -Sala dos soños.

    -Súper aula.

    -Creatincios.

E o gañador foi...  Sala dos soños!! 🎉🎉🎉


















Peke recicla

O martes asistimos cos nosos amiguiñ@s de 3 anos á actividade de "Peke recicla". Afianzamos cousiñas que xa sabiamos e aprendemos moitas máis dunha maneira divertida.

Caldo de Gloria

Esta semana polo día de Rosalía, cociñamos o Caldo de Gloria do seu poema "Miña Casiña, meu lar" coa axuda dos nos nosos padriños e madriñas.

domingo, 18 de febrero de 2024

Aniversario Estrela e Hugo

    Este trimestre comezamos festexando o aniversario de Estrela e Hugo, os primeiros en cumprir 5 aniños. Pasamos unha mañá fantástica, primeiro deron as 5 voltas ao sol e foron ensinándonos como pasou o tempo. Despois puidemos gozar dun conto precioso, "Capitán Verdemán!" que contáronnos as familias, e xa por último, axudáronnos a facer uns churros riquísimos que despois merendamos con chocolate quentiño!
    Grazas familias pos unha mañá xenial e parabéns Estrela e Hugo.🎂🎂


viernes, 12 de enero de 2024

Aniversario Lois, Aine e Greta.

Aquí tedes as fotiños do triple cumple que festexamos en decembro. Pasámolo xenial facendo adornos de Nadal e unhas ricas galletas.
Moitas grazas familias pola vosa participación, e parabéns a Lois, Greta e Aine!!!🎂🎂🎂


domingo, 29 de octubre de 2023

Aniversario Claudia

Festexanos o aniversario de Claudia coa compañía da súa mamá que nos axudou a facer unhas arañas terroríficas!!🕷️🕷️🕷️ 
Ademais cociñamos por equipos unhas chulas que nos saíron riquísimas. Parabéns Claudia!🎂


Aniversario Julia e Naír.

Por fin inauguramos o blogue este curso e comezamos cos aniversarios de setembro, o de Julia e o de Naír. Pasamos unha mañá moi divertida facendo brochetas de uvas e queixo, e unhas divertidas xoaniñas coa casca dunha noz. 
Grazas mamis pola vosa colaboración!

Graduación

Moitísimas grazas por estes tres aniños onde cada día foi especial. Xodes 14 nenos e nenas moi especiais, cada un co seu "superpoder...