martes, 18 de mayo de 2021

Aniversarios Berti e Shanti

Aquí tedes algunhas das fotiños do cumple de Berti y Shanti. Encántanos escoitar as súas historias de vida e a eles explicala. 




















O que máis lles emocionou foi os vídeos sorpresa das súas familias... Moitas grazas 💖




Noraboa chicos por deleitarnos todas as mañás coa vosa alegría. Felices 5 añazos!!!🎂🎂🎂






Propostas de inverno

 Despois dun tempo sen actualizar o blogue... deixámosvos dous vídeos con algunhas das propostas que fixemos durante o segundo trimestre, por se queredes velas.😊 

Clicade nas imaxes para velos


Propostas de inverno


Propostas de inverno 2


lunes, 29 de marzo de 2021

ANIVERSARIO NUNO

Aquí tedes ao noso mozo maior. Nuno cumpriu 6 añazos e contounos moi ben a súa historia de vida. Moitas felicidades Nuno, grazas por contaxiarnos a túa paixón polos animais e a túa alegría tódolos días.










🎉🎉🎉Felices 6 anos Nuno!!🎈🎈🎈


miércoles, 17 de febrero de 2021

Entroido

 O venres o tempo deunos unha tregua e puidemos celebrar o entroido facendo un desfile para os nosos compis polo patio do cole.

Deixámosvos algunhas fotiños das propostas de entroido e como fomos facendo o disfrace seguindo as "ordes do Meco", aos poucos convertémonos nunhas baterías moi marchosas! Clicade na imaxe para velas.

https://drive.google.com/file/d/1Ze_dFijD6rHJtcZzGxqw5RpfAXWLg30b/view?usp=sharing

Tamén tedes na páxina do cole fotos e vídeo do entroido, deixámosvos o enlace por se tamén o queredes ver.

Entroido Ceip Serra-Vincios



domingo, 31 de enero de 2021

Día da Non Volencia e da Paz.

 O día 30 de xanerio celébrase o Día Escolar da Non violencia e da Paz, e no cole festexámolo o venres. Lemos o conto "El hombrecillo de papel", e baseándonos nesta preciosa historia fixemos un homiño de papel por equipos que despois pegamos nun mural co resto de homiños que fixo todo o cole.





Deixámosvos tamén o enlace ao conto "Hasta que podamos abrazarnos" contado polas profes do Equipo de Biblio. Nestes tempos de pandemia, Erizo e Tortuga non poden abrazarse, pero saben que se queren e axúdannos a idear que hai moitas formas de demostralo. Esperamos que vos guste! 💖






jueves, 28 de enero de 2021

DINÁMICA "A MALETA".

Comezamos novo trimestre e chegaron tamén novidades pola clase. O Apalpador deixounos uns agasallos que xa estamos a utilizar moto. Ademais tamén fixemos cambio de equipos, e aínda que todos acollémolo sen problema aínda estamos a adaptarnos.




Este curso tamén queremos poñer en marcha a nosa "Maleta". Este ano será un pouco diferente a outros anos xa que non podemos traer cousas ao cole... pero a súa esencia continúa sendo a mesma: coñecernos un pouquiño máis e facer crecer, se cabe, o noso sentimento de equipo.

Tedes todo o mes de febreiro para participar, animádevos!

No seguinte enlace tedes toda a información. Grazas de antemán pola vosa colaboración.


domingo, 24 de enero de 2021

Apalpador

 Quedábannos por ensinarvos as fotos do último día do primeiro trimestre que recibimos a visita do Apalpador, fíxonos moita ilusión! E tamén aproveitamos para xogar un "Bingo Navideño" e ver o festival de Nadal de maneira virtual.









Graduación

Moitísimas grazas por estes tres aniños onde cada día foi especial. Xodes 14 nenos e nenas moi especiais, cada un co seu "superpoder...