viernes, 13 de enero de 2023

Saída a Gondomar.

Ir de "excursión" é unha das cousas que máis nos gusta, só coller o autobús xa nos entusiasma. Deixámosvos unhas fotiños para que vexades que a pesar da choiva puidemos desfrutar moitísimo. Primeiro vimos o Belén en movemento nas intalacións da policía local e mentres esperabamos a que abrira tivemos a sorte de coñecer ao policía Simón que explicounos con moito agarimo varias cousas do seu traballo. Despois camiñamos ata correos e botamos no buzón as postais de Nadal, ademais deixáronnos entrar para ver como caian as cartas. E xa por último, gozamos dun merecido chocolate quentiño e rosquillas en cristaleiro.

1 comentario:

Aniversario Brandán

Brandán tamén cumpliu 5 aniños! Aquí podedes ver como deu as voltas ao sol contándonos a súa historia de vida. Gozamos dunha festa con músic...