lunes, 13 de febrero de 2023

Aniversarios Estrela e Hugo

    No mes de xaneiro estiveron de cumple Hugo e Estrela, xa cumpriron 4 anos!!
    Para celebralo as súas familias contáronnos un conto precioso, "A mellor sopa do mundo", onde os animaliños do bosque van xuntándose en casa de tartaruga para facer unha sopiña ben rica. Así que, co frío que vai estes días, nós tamén quisemos facer unha sopa que por certo estaba boísima!! 
    Como veredes nas fotos fainos moita ilusión cortar, pelar e picar as verduras. Fomenta a nosa autonomía e polo tanto a nosa autoestima. Animámosvos a que deixedes que as crianzas colaboren convosco nas tarefas de cociña.
Moitísimas grazas familias pola vosa colaboración e parabéns Estrela e Hugo!






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Aniversario Xoel

No mes de marzo tamén Xoel estivo de aniversario, xa ten 6 anos!! Aproveitamos que estamos inmersos no noso proxecto para facer un cumple ol...