A profe Bibi contounos o conto "El muro" en psico e xogamos a ser os animais da historia. Representamos o conto construindo un muro para logo derribalo, como fixeron os animais.
Aproveitando este conto que gustounos tanto, traballamos na aula o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Así que, o 30 de xaneiro cando chegamos á aula atopámonos cun muro que a dividía a metade. E agora que facemos? Como imos ao baño? Como chegamos aos recantos?... Comezamos a facernos preguntas e aproveitamos para ler na asamblea outra vez o conto "El muro".
Decidimos como os animais da historia que queriamos tirar o muro pero antes aproveitamos para falar das cousas que non nos gustan. As cousas que non nos fan sentir en paz.
Que nos quiten os xoguetes das mans, que nos berren, que as nosas nais teñan que traballar e non poidan estar con nós... foron algunhas das cousas que máis se repetiron. Así que as debuxamos no muro.
O gran formato do papel e ao estar o soporte en vertical, permitiunos establecer unha nova relación co debuxo e o noso corpo.
Cando rematamos rompemos o muro de xeito transgresor!!
Ao día seguinte, na asamblea da mañá, reflexionamos sobre o que fixeramos o día anterior, como nos sentimos coas cousas que nos gustan e como coas que non. E xa que tiñamos o noso muro feito en pedazos decidimos darlle unha volta ao que non nos gusta e convertelo en algo que nos agradase. Fixemos elefantes de orellas grandes e de orellas pequenas como os do conto.😅
No hay comentarios:
Publicar un comentario