En outubro tamén estivemos moi ocupados. Coñecemos a Louise Bourgeois e algunhas das súas obras, tivemos a visita dun becho pau, soltamos os bechos que tiñamos na clase para observar, os amigos da clase de 4 anos invitáronnos a facer pan e logo merendamos uns ricos bocatas, puxémoslle nome aos equipos...
Ademais, o martes 15 de outubro fixemos un Obradoiro pola inclusión e a non violencia organizado pola ANPA. Tivemos a sorte de coñecer a figura de Maruja Mallo, unha gran pintora valente que formaba parte dun grupo de mulleres artistas coñecidas como "Las Sinsombrero".
Por suposto tamén celebramos a festa do Samaín e fixemos un obradoiro mostruoso cos nosos compis de infantil. Podedes velo pinchando neste enlace.
No hay comentarios:
Publicar un comentario