Deixámosvos un vídeo cos momentos máis destacados deste mes. Nos primeiros días fomos poñendo a punto a clase, lavamos algúns xoguetes, coñecemos novos xogos... Contamos o conto "Becho pelota" e decatámonos de que moitos dos bechos que aparecen no conto viven tamén no noso patio. Eses, e moitos máis!
A nosa curiosidade polos bechos e infinita, quedamos alucinados coa cantidade que atopamos pero as arañas lévanse o premio! Non paramos de atopar arañas o que nos levou a investigar máis sobre elas para coñecelas mellor.
Ademais fixemos unha actividade moi bonita, unha caixa misteriosa que dentro tiña a imaxe da persoa máis especial das nosas vidas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario