viernes, 11 de abril de 2025

Aniversario Xoel

No mes de marzo tamén Xoel estivo de aniversario, xa ten 6 anos!! Aproveitamos que estamos inmersos no noso proxecto para facer un cumple olímpico! A súa mamá axudounos a facer  unha das cousas que máis nos gusta, cociñar! Fixemos as tortiñas olímpicas por equipos e quedaron así de chulas... Iso si, para poder comelas primeiro tiñamos que formar os aros olímpicos 😋
Moitísimas grazas mamá de Xoel por vir a pasar tempo con nós e parabéns Xoel 🎂🎂🎂🎂🎂🎂

Marzo e Abril

 Nesta entrada podedes ver algunhas das cousiñas que estivemos facendo estes últimos días. Coñecemos diferentes personaxes do entroido da nosa cultura, seguimos co noso proxecto das olimpiadas e demos comezo a primavera cun taller de arte "Campo de flores" que recolle Hervé Tullet no seu libro Diviértete.

Tamén poderedes ver algunhas cousiñas que fixemos por pascua 🐰🍫


Aniversario Jairo

En febreiro tamén celebramos o aniversario de Jairo, que xa deu 6 voltas oa sol!! A súa mamá axudounos a facer uns preciosos antifaces e tamén contamos coa axuda do seu irmán Saúl para facer unhas ricas filloas 😋
Moitísimas grazas familia por vir ao cole e parabéns Jairo!🎂🎂🎂🎂🎂🎂


Febreiro

O mes de febreiro pasou nun abrir e pechar de ollos mentres preparabamos os disfraces do entroido e deseñabamos os nosos propios narvais para meter nos frascos da calma do conto "Malina pies fríos". Entre outras cousas tamén coñecimos as obras de Kandinsky e Keith Haring, comezou a nosa investigación sobre algún dos países que participaron nas olimpiadas e despedímosnos de Ana, a chica de prácticas que acompañounos nalgunhas sesións.


Aniversario Estrela e Hugo.

En Xaneiro tamén festexamos os aniversarios de Hugo e Estrela e gozamos moitísimo coa sorpresa que nos tiña preparada as súas familias. Nada máis e nada menos que a obra de teatro sobre o conto dos irmáns Grimm "Os músicos de Bremen".
Estrela e Hugo tíñannos preparadas as entradas para a obra de teatro que captou toda a nosa atención. Despois convertimos as nosas mans nos diferentes animais protagonistas do conto e tamén fixemos marionetas.
Moitísimas grazas familias por vir a compartir tempo con nós e parabéns aos nosos compis Hugo e Estrela! 🎂🎂🎂🎂🎂🎂

Xaneiro

 No mes de Xaneiro desfrutamos moito dos xogos de mesa que nos trouxeron os reis e coas diferentes propostas relaciondas coa estación do inverno. Tamén coñecimos por primeira vez a impresora 3D e a cortadora láser. 


Aniversario Xoel

No mes de marzo tamén Xoel estivo de aniversario, xa ten 6 anos!! Aproveitamos que estamos inmersos no noso proxecto para facer un cumple ol...