viernes, 11 de abril de 2025

Aniversario Estrela e Hugo.

En Xaneiro tamén festexamos os aniversarios de Hugo e Estrela e gozamos moitísimo coa sorpresa que nos tiña preparada as súas familias. Nada máis e nada menos que a obra de teatro sobre o conto dos irmáns Grimm "Os músicos de Bremen".
Estrela e Hugo tíñannos preparadas as entradas para a obra de teatro que captou toda a nosa atención. Despois convertimos as nosas mans nos diferentes animais protagonistas do conto e tamén fixemos marionetas.
Moitísimas grazas familias por vir a compartir tempo con nós e parabéns aos nosos compis Hugo e Estrela! 🎂🎂🎂🎂🎂🎂

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Xornada de convivencia con primeiro ciclo de primaria

O pasado martes día 3 de xuño, coincidindo coa semana do medio ambiente e co final de curso, xuntámonos cos compis de 1º ciclo para pasar un...