viernes, 11 de abril de 2025
Febreiro
O mes de febreiro pasou nun abrir e pechar de ollos mentres preparabamos os disfraces do entroido e deseñabamos os nosos propios narvais para meter nos frascos da calma do conto "Malina pies fríos". Entre outras cousas tamén coñecimos as obras de Kandinsky e Keith Haring, comezou a nosa investigación sobre algún dos países que participaron nas olimpiadas e despedímosnos de Ana, a chica de prácticas que acompañounos nalgunhas sesións.
Aniversario Estrela e Hugo.
En Xaneiro tamén festexamos os aniversarios de Hugo e Estrela e gozamos moitísimo coa sorpresa que nos tiña preparada as súas familias. Nada máis e nada menos que a obra de teatro sobre o conto dos irmáns Grimm "Os músicos de Bremen".
Estrela e Hugo tíñannos preparadas as entradas para a obra de teatro que captou toda a nosa atención. Despois convertimos as nosas mans nos diferentes animais protagonistas do conto e tamén fixemos marionetas.
Moitísimas grazas familias por vir a compartir tempo con nós e parabéns aos nosos compis Hugo e Estrela! 🎂🎂🎂🎂🎂🎂
Xaneiro
No mes de Xaneiro desfrutamos moito dos xogos de mesa que nos trouxeron os reis e coas diferentes propostas relaciondas coa estación do inverno. Tamén coñecimos por primeira vez a impresora 3D e a cortadora láser.
lunes, 13 de enero de 2025
miércoles, 8 de enero de 2025
Aniversario Lois, Aine e Greta.
No mes de decembro tamén festexamos o cumple de Lois, Aine e Greta. Fixemos un rico roscón entre todos e adornos para a árbore de Nadal con abalorios e arxila blanca. Moitas grazas familias por vir ao cole e parabéns aos tres amig@s! 🎂🎂🎂
Decembro
E por aquí o mes de decembro que pasounos nun abrir e pechar de ollos facendo galletas, manualidades e preparando a panxoliña para o gran día do festival de Nadal. Se o último día do trimestre xa era emocionante de por si, atopar un agasallo á volta do festival fíxoo insuperable 🌠
Novembro
Aquí tedes algúns dos momentos que vivimos en novembro onde, entre outros, disfrutamos de ricos zumes de laranxa, da visita dos nosos padriños e madriñas para contarnos en que nos sentimos olímpicos e olímpicas e rematamos o mes cun divertido concerto do grupo "Chungo pastel".
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Graduación
Moitísimas grazas por estes tres aniños onde cada día foi especial. Xodes 14 nenos e nenas moi especiais, cada un co seu "superpoder...
-
O pasado martes día 3 de xuño, coincidindo coa semana do medio ambiente e co final de curso, xuntámonos cos compis de 1º ciclo para pasar un...
-
Este día foi moi especial para nós. Esta etapa tan bonita está a rematar e queriámola despedir pasando un día xuntos. Ir en autobús tan lon...
-
Moitísimas grazas por estes tres aniños onde cada día foi especial. Xodes 14 nenos e nenas moi especiais, cada un co seu "superpoder...