domingo, 25 de febrero de 2024

Aniversario Jairo

 E para rematar a semana tivemos o cumple de Jairo! Aproveitando que era o propio día de Rosalía, 23 de febreiro, a mamá de Jairo contounos o poema "Parece unha rosa". 

Durante a semana estivemos investigando que a Rosalía encantábanlle as flores e aparecen en moitos dos seus escritos. Así que fixemos unhas ricas galletas de flores que ademais de ricas eran preciosas.

Despois gozamos dunha merecida merendola!

Grazas Encarna por vir ao cole e parabéns Jairo!🎂


1 comentario:

Graduación

Moitísimas grazas por estes tres aniños onde cada día foi especial. Xodes 14 nenos e nenas moi especiais, cada un co seu "superpoder...