domingo, 25 de febrero de 2024

Aniversario Jairo

 E para rematar a semana tivemos o cumple de Jairo! Aproveitando que era o propio día de Rosalía, 23 de febreiro, a mamá de Jairo contounos o poema "Parece unha rosa". 

Durante a semana estivemos investigando que a Rosalía encantábanlle as flores e aparecen en moitos dos seus escritos. Así que fixemos unhas ricas galletas de flores que ademais de ricas eran preciosas.

Despois gozamos dunha merecida merendola!

Grazas Encarna por vir ao cole e parabéns Jairo!🎂


1 comentario:

Xornada de convivencia con primeiro ciclo de primaria

O pasado martes día 3 de xuño, coincidindo coa semana do medio ambiente e co final de curso, xuntámonos cos compis de 1º ciclo para pasar un...