domingo, 10 de noviembre de 2024

Aniversario Naír, Julia, Izan e André

En setembro tamén festexamos 4 cumples! Ademais do cumple de Julia e Naír, tamén aproveitamos para festexar os cumples de Izan e André que naceron no verán. 

Gozamos dunha mañá marabillosa vendo as fotos que nos trouxeron os cumpleañeir@s e facendo unha manualidade moi divertida para logo rematar cunha merendola.

Moitísimas grazas familias por vir a compartir tempo connosco e parabéns aos homenaxeados.🎂🎂🎂🎂



Setembro curso 2024-2025

Aínda que tarde, arrancamos o blogue neste novo curso escolar! 
Deixámosvos un vídeo cos momentos máis destacados deste mes. Nos primeiros días fomos poñendo a punto a clase, lavamos algúns xoguetes, coñecemos novos xogos... Contamos o conto "Becho pelota" e decatámonos de que moitos dos bechos que aparecen no conto viven tamén no noso patio. Eses, e moitos máis! 
A nosa curiosidade polos bechos e infinita, quedamos alucinados coa cantidade que atopamos pero as arañas lévanse o premio! Non paramos de atopar arañas o que nos levou a investigar máis sobre elas para coñecelas mellor.
Ademais fixemos unha actividade moi bonita, unha caixa misteriosa que dentro tiña a imaxe da persoa máis especial das nosas vidas. 


 

miércoles, 5 de junio de 2024

Aniversario Álex

Aquí tedes as fotiños do cumple de Álex!Fixemos unhas ricas tortitas coa súa mamá e despois disfrutamos dunha rica merendola. Grazas por vir ao cole Iria e parabéns Álex!!🎂


lunes, 20 de mayo de 2024

Aniversario Brandán

Brandán tamén cumpliu 5 aniños! Aquí podedes ver como deu as voltas ao sol contándonos a súa historia de vida. Gozamos dunha festa con música e una rica merendola!

Parabéns Brandán!!🎂

Aniversario Nara

Festexamos o cumple de Nara! Deixámosvos unhas fotiños para que vexades o ben que o pasamos tomando unha rica merenda e bailando ao ritmo da música. 
Parabéns Nara!!🎂

viernes, 22 de marzo de 2024

Aniversario Xoel.

Festexamos o último aniversario do trimestre, o cumple de Xoel!! Fixemos unhas rosquillas riquísimas e despois gozamos ducha rica merenda.
Grazas por vir ao cole Olalla e parabéns a Xoel!🎂🎂🎂

domingo, 25 de febrero de 2024

Aniversario Jairo

 E para rematar a semana tivemos o cumple de Jairo! Aproveitando que era o propio día de Rosalía, 23 de febreiro, a mamá de Jairo contounos o poema "Parece unha rosa". 

Durante a semana estivemos investigando que a Rosalía encantábanlle as flores e aparecen en moitos dos seus escritos. Así que fixemos unhas ricas galletas de flores que ademais de ricas eran preciosas.

Despois gozamos dunha merecida merendola!

Grazas Encarna por vir ao cole e parabéns Jairo!🎂


Graduación

Moitísimas grazas por estes tres aniños onde cada día foi especial. Xodes 14 nenos e nenas moi especiais, cada un co seu "superpoder...