miércoles, 8 de enero de 2025
Decembro
Novembro
domingo, 10 de noviembre de 2024
Aniversario Claudia
Este xoves celebramos o aniversario de Claudia aínda que foi en outubro cando rematou a súa 5ª volta ao sol. Compartiu connosco algúns recordos da súa vida e un conto moi especial: "¡Vivan las uñas de colores!"
Despois tod@s puidemos xogar a pintarnos as uñas con diferentes cores para rematar compartindo un rico biscoito.
Parabéns Claudia e grazas a súa mamá por acompañarnos 🎂
Samaín
E por fin chegou o día!!👻
Durante a semana fixemos cousiñas de "medo" pero deixámosvos unhas fotiños deste día tan terrorífico.
Outubro
En outubro tamén estivemos moi ocupados. Coñecemos a Louise Bourgeois e algunhas das súas obras, tivemos a visita dun becho pau, soltamos os bechos que tiñamos na clase para observar, os amigos da clase de 4 anos invitáronnos a facer pan e logo merendamos uns ricos bocatas, puxémoslle nome aos equipos...
Ademais, o martes 15 de outubro fixemos un Obradoiro pola inclusión e a non violencia organizado pola ANPA. Tivemos a sorte de coñecer a figura de Maruja Mallo, unha gran pintora valente que formaba parte dun grupo de mulleres artistas coñecidas como "Las Sinsombrero".
Aniversario Naír, Julia, Izan e André
En setembro tamén festexamos 4 cumples! Ademais do cumple de Julia e Naír, tamén aproveitamos para festexar os cumples de Izan e André que naceron no verán.
Gozamos dunha mañá marabillosa vendo as fotos que nos trouxeron os cumpleañeir@s e facendo unha manualidade moi divertida para logo rematar cunha merendola.
Moitísimas grazas familias por vir a compartir tempo connosco e parabéns aos homenaxeados.🎂🎂🎂🎂
Setembro curso 2024-2025
Graduación
Moitísimas grazas por estes tres aniños onde cada día foi especial. Xodes 14 nenos e nenas moi especiais, cada un co seu "superpoder...
-
O pasado martes día 3 de xuño, coincidindo coa semana do medio ambiente e co final de curso, xuntámonos cos compis de 1º ciclo para pasar un...
-
Este día foi moi especial para nós. Esta etapa tan bonita está a rematar e queriámola despedir pasando un día xuntos. Ir en autobús tan lon...
-
Moitísimas grazas por estes tres aniños onde cada día foi especial. Xodes 14 nenos e nenas moi especiais, cada un co seu "superpoder...