Deixámosvos un vídeo con algunhas das propostas que realizamos durante o segundo trimestre. É un pouco longo 🙈 pero esperamos que vos guste.😊
domingo, 16 de abril de 2023
lunes, 10 de abril de 2023
Madriñas e padriños
Gústanos moito estar cos padriños e madriñas. Poñémonos moi contentos e contentas cando os atopamos polos corredores ou cando véñennos visitar ao recreo. O día que facemos actividades conxuntas sempre é un día especial.
Deixámosvos dous vídeos para que poidades velo; un do día de Rosalía onde decoramos xuntos uns pensamentos, e outro do día da Poesía onde os padriños e madriñas recitáronnos unha poesía personalizada fermosísima e nós regalámoslles un marcapáxinas e unha poesía de Anxo Iglesias. Máis abaixo tamén os deixamos as entradas ao blogue do segundo ciclo onde podedes ver máis fotos.
Grazas padriños e madriñas por coidarnos tanto!!
Aniversario Jairo e Xoel
Moitas grazas Encarna e Olalla 😊 e parabéns Xoel e Jairo!!!
domingo, 26 de febrero de 2023
El muro
A profe Bibi contounos o conto "El muro" en psico e xogamos a ser os animais da historia. Representamos o conto construindo un muro para logo derribalo, como fixeron os animais.
Aproveitando este conto que gustounos tanto, traballamos na aula o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Así que, o 30 de xaneiro cando chegamos á aula atopámonos cun muro que a dividía a metade. E agora que facemos? Como imos ao baño? Como chegamos aos recantos?... Comezamos a facernos preguntas e aproveitamos para ler na asamblea outra vez o conto "El muro".
Decidimos como os animais da historia que queriamos tirar o muro pero antes aproveitamos para falar das cousas que non nos gustan. As cousas que non nos fan sentir en paz.
Que nos quiten os xoguetes das mans, que nos berren, que as nosas nais teñan que traballar e non poidan estar con nós... foron algunhas das cousas que máis se repetiron. Así que as debuxamos no muro.
O gran formato do papel e ao estar o soporte en vertical, permitiunos establecer unha nova relación co debuxo e o noso corpo.
Cando rematamos rompemos o muro de xeito transgresor!!
Ao día seguinte, na asamblea da mañá, reflexionamos sobre o que fixeramos o día anterior, como nos sentimos coas cousas que nos gustan e como coas que non. E xa que tiñamos o noso muro feito en pedazos decidimos darlle unha volta ao que non nos gusta e convertelo en algo que nos agradase. Fixemos elefantes de orellas grandes e de orellas pequenas como os do conto.😅
lunes, 13 de febrero de 2023
Aniversarios Estrela e Hugo
No mes de xaneiro estiveron de cumple Hugo e Estrela, xa cumpriron 4 anos!!
Para celebralo as súas familias contáronnos un conto precioso, "A mellor sopa do mundo", onde os animaliños do bosque van xuntándose en casa de tartaruga para facer unha sopiña ben rica. Así que, co frío que vai estes días, nós tamén quisemos facer unha sopa que por certo estaba boísima!!
Para celebralo as súas familias contáronnos un conto precioso, "A mellor sopa do mundo", onde os animaliños do bosque van xuntándose en casa de tartaruga para facer unha sopiña ben rica. Así que, co frío que vai estes días, nós tamén quisemos facer unha sopa que por certo estaba boísima!!
Como veredes nas fotos fainos moita ilusión cortar, pelar e picar as verduras. Fomenta a nosa autonomía e polo tanto a nosa autoestima. Animámosvos a que deixedes que as crianzas colaboren convosco nas tarefas de cociña.
Moitísimas grazas familias pola vosa colaboración e parabéns Estrela e Hugo!
viernes, 13 de enero de 2023
Saída a Gondomar.
Ir de "excursión" é unha das cousas que máis nos gusta, só coller o autobús xa nos entusiasma.
Deixámosvos unhas fotiños para que vexades que a pesar da choiva puidemos desfrutar moitísimo. Primeiro vimos o Belén en movemento nas intalacións da policía local e mentres esperabamos a que abrira tivemos a sorte de coñecer ao policía Simón que explicounos con moito agarimo varias cousas do seu traballo. Despois camiñamos ata correos e botamos no buzón as postais de Nadal, ademais deixáronnos entrar para ver como caian as cartas. E xa por último, gozamos dun merecido chocolate quentiño e rosquillas en cristaleiro.
Aniversarios Greta, Lois e Aine.
No mes de decembro Aine, Lois e Greta cumpriron 3 aniños e o festexamos no cole coa axuda das súas familias. Fixemos uns adornos con masa de sal que como xa puidestes ver quedaron chulísimos.
Pasamos unha mañá xenial! Grazas familias pola vosa colaboración.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Graduación
Moitísimas grazas por estes tres aniños onde cada día foi especial. Xodes 14 nenos e nenas moi especiais, cada un co seu "superpoder...
-
O pasado martes día 3 de xuño, coincidindo coa semana do medio ambiente e co final de curso, xuntámonos cos compis de 1º ciclo para pasar un...
-
Este día foi moi especial para nós. Esta etapa tan bonita está a rematar e queriámola despedir pasando un día xuntos. Ir en autobús tan lon...
-
Moitísimas grazas por estes tres aniños onde cada día foi especial. Xodes 14 nenos e nenas moi especiais, cada un co seu "superpoder...